Forestal

Resoltas as axudas para tratamentos silvícolas

Campo Galego 10/09/2018 12:50 p.m.

Medio Rural publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o listado das axudas concedidas e denegadas no marco da convocatoria de apoio a tratamentos silvícolas. As axudas que agora se resolven, convocadas a inicios de ano, contan con dúas liñas de actuación, unha para executar claras, podas e rozas en piñeirais e outra para executar traballos en masas de frondosas caducifolias.

O prazo de execución dos traballos rematará con carácter xeral o 15 de marzo do 2019, a excepción das actuacións en Rede Natura, que terán 9 meses de prazo desde a emisión do último informe vinculante.

Etiquetado
Ir a la portada