Leite

Repunte outonal do prezo do leite

Os prezos medios ascenden en Galicia ata 32,1 céntimos, pero a comunidade segue de pechacancelas en comparación co resto de comunidades autónomas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/12/2019 2:13 p.m.

Os prezos do leite experimentaron en Galicia unha suba media de 0,6 céntimos no mes de outubro, segundo os últimos datos do Fondo Español de Garantía Agraria, quedando o prezo medio en 32,1 céntimos. Con todo, o prezo galego continúa sendo o máis baixo de tódalas comunidades. Entre as comunidades veciñas, Castilla y León está en 33,3 céntimos e Asturias en 35,2 céntimos. A media española quedou no mes de outubro en 33,1 céntimos (+0,5 céntimos en relación ó mes pasado).

En calidades, Galicia lidera un mes máis o nivel de graxa, con 3,87, fronte á media estatal de 3,75. En proteína, a comunidade sitúase en torno a media estatal con 3,32, polos 3,33 de media en España.

A tendencia de produción mantén unha liña ascendente. No último mes, produciuse un 3,3% máis que en outubro do 2018. Nos últimos doce meses, o crecemento acumulado de entregas é dun 1,1%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada