Leite

Repunte outonal dos prezos do leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/11/2019 6:03 p.m.

Os prezos do leite iniciaron en agosto un lixeiro repunte que tivo continuación en setembro, onde as cotizacións medias no campo pasaron en Galicia de 31 a 31,5 céntimos de media, segundo os datos do último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega). No conxunto de España, a media pasou de 32,3 a 32,6 céntimos. Entre as comunidades veciñas, Asturias situouse en 34,9, Castilla y León en 32,7 e Cantabria en 31,6. Galicia está un mes máis á cola dos prezos pagados en España.

A tipoloxía dos contratos do leite que predomina no campo, cunha parte importante deles a prezo fixo durante todo o ano, leva a que haxa escasas oscilacións. Os prezos medios de setembro a nivel de España repiten a cotización de marzo e achéganse ós 33 céntimos de xaneiro, un prezo medio que se podería acadar ou superar este outono, sempre que se manteña a tendencia de leves repuntes do pasado outono.

En entregas de leite, o mes de outubro proseguiu na liña dun moderado crecemento, cun 0,9% máis que o mesmo mes do ano anterior. No acumulado do ano, a produción española supera nun 3,5% á do pasado exercicio.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O informe do Fega detalla tamén as calidades do leite, nas que tradicionalmente destaca Galicia. As granxas da comunidade sitúanse un mes máis á cabeza en canto a porcentaxe de graxa, cun 3,81, fronte á media estatal de 3,69. En proteína, Galicia sitúase na media (3,28 por 3,29 de media).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada