Carne

Repunte de becerros e vacún maior en Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/01/2017 6:23 p.m.

A poxa desta semana na Lonxa de Silleda tivo unha menor afluencia da habitual, dadas as datas festivas. Os prezos medios do gando melloraron en recría e vacún maior, en tanto caíron lixeiramente en becerros carniceiros.

Por categorías, na recría melloraron os prezos dos frisóns. Nos cruces houbo subas nas femias e baixadas nos machos. En canto ó vacún maior, os prezos melloraron en parte por unha maior presenza de animais de categoría primeira e extra, en tanto que baixaron os de desvelle.

No que respecta ás cotizacións fixadas nas mesas de prezos, o porcino cebado mantense sen cambios, igual que galiñas e ovos. Os leitóns soben un euro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa de cotizacións da Lonxa de Silleda, PDF (3-I-2017)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada