Carne

Repetición nas cotizacións do gando en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/06/2018 1:34 p.m.

As mesas de prezos de Amio repiten esta semana as cotizacións da anterior sesión. Non houbo cambios nin na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega nin na Mesa de Gando de Abasto. Nesta última, os vogais coincidiron en apreciar unha tendencia á baixa nos prezos de todas as categorías de recría e de vacún maior.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 2.137 reses, 46 máis que a pasada semana. Houbo 1.663 cabezas de vacún menor (14 menos que a pasada semana), 259 de vacún mediano (35 máis) e 212 de vacún grande (40 máis).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (27-VI-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada