Carne

Repetición de prezos en Ternera Gallega en Amio e revalorización da recría de frisón

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/06/2021 9:33 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega en Amio acordou esta semana manter sen cambios as cotizacións da pasada semana en todas as calidades e categorías. En canto ós valores do resto do gando, unha sondaxe realizada polo Mercado de Amio entre os seus usuarios apunta a unha revalorización da recría frisona duns 10 euros, mentres que o resto do gando mantivo en xeral os prezos da pasada semana.

A asistencia de gando ó mercado foi de 1.811 reses, 30 máis que a pasada semana. Houbo 1.466 cabezas de vacún menor (28 menos), 170 de vacún mediano (30 máis) e 175 de vacún grande (28 máis).

Máis información
- Cotizacións do mercado de Amio (2-VI-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada