Carne

Repetición de prezos en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/02/2019 1:48 p.m.

As mesas de prezos de Amio, que serven de referencia para o sector, acordaron esta semana manter as mesmas cotizacións da pasada semana. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, na que se repiten os valores de gando de recría, becerros medianos e vacún maior.

Na recría, os vogais aprecian unha diminución da oferta no mercado, debida a unha lixeira mellora na calidade dos exemplares, especialmente en frisona e cruzada, pero consideran que estas circunstancias non se reflectiron aínda nos prezos.

En canto á asistencia de gando ó mercado desta semana, houbo 1.883 reses, 41 menos que a pasada semana. Entraron no recinto 1.458 cabezas de vacún menor (9 menos que na anterior sesión), 225 de vacún mediano (2 menos) e 192 de vacún grande (27 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (6-II-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada