Carne

Repetición de prezos en Amio, onde aínda non cotiza Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/06/2020 10:33 a.m.

O mercado de Amio evoluciona cara a normalidade na afluencia de gando, esta semana cun total de 2.064 reses (378 máis que a pasada semana), pero as cotizacións aínda non se recuperan. En Ternera Gallega, os vogais da Mesa de Prezos decidiron suspender a marcaxe de cotizacións de referencia ata primeiros de xullo, cando agardan que vaian desaparecendo os desequilibrios de mercado provocados pola Covid-19.

A mesa de prezos de Gando de Abasto, pola súa banda, decidiu por unanimidade manter as cotizacións da sesión anterior para tódalas categorías e calidades de gando, tanto na recría como no vacún maior e becerros de abasto.

En canto á afluencia de gando ó mercado esta semana, houbo 1.717 cabezas de vacún menor (322 máis que a pasada semana), 154 de vacún mediano (18 máis) e 193 de vacún grande (38 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (17-VI-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada