Carne

Repetición de prezos en Amio, con tendencia á alza en vacún maior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/03/2021 9:59 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a repetición de cotizacións en tódalas categorías e calidades de gando. Non houbo variacións nin en Ternera Gallega nin nas categorías acordadas na Mesa de Prezos de Gando de Abasto (recría, vacún maior, becerros de sacrificio). Os vogais desta última mesa, non obstante, coinciden en apreciar unha tendencia á alza nos prezos das vacas, mentres que os dos becerros de matadoiro tenden á baixa.

En canto ó mercado de gando, contou esta semana con 1.958 reses, 109 menos que a pasada semana. Entraron no recinto feiral 1.633 cabezas de vacún menor (104 menos), 160 de vacún mediano (20 menos) e 165 de vacún grande (23 máis).

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (3-III-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada