Carne

Repetición de prezos en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/10/2020 10:20 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a repetición das cotizacións en todas as categorías e calidades de gando. Non houbo variacións nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, que acorda valores de referencia para animais de recría, vacún mediano para sacrificar e vacún maior.

En canto á asistencia de gando á feira, houbo esta semana 1.946 reses, 84 máis que na anterior sesión. Por categorías, foron 1.582 cabezas de vacún menor (82 máis), 186 de vacún mediano (20 máis) e 171 de vacún grande (6 menos).

Máis información
- Táboa das cotizacións de Amio (30-IX-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada