Carne

Repetición de prezos en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/04/2021 9:45 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se reúne cada semana coincidindo co Mercado de Amio, decidiu manter sen cambios os prezos de tódalas categorías e calidades de gando. En canto á Mesa de Prezos de Gando de Abasto, que marca valores orientativos sobre gando de recría, vacún maior e becerros carniceiros, esta semana non se reuniu por falta de asistencia dos vogais que a integran. Unha sondaxe aleatoria entre usuarios da feira permite concluír que os prezos mantéñense sen cambios, segundo destaca a organización do Mercado.

En asistencia de gando, a feira rexistrou esta sesión 1.758 reses, 85 menos que a pasada semana. Houbo 1.455 cabezas de vacún menor (94 menos que na sesión anterior), 142 de vacún mediano (11 menos) e 161 de vacún grande (20 reses máis).

Máis información
- Táboa de cotizacións do mercado de Amio (28-IV-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada