Carne

Repetición de prezos en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/03/2021 2:44 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a repetición de prezos en tódalas categorías e calidades de gando. En Ternera Gallega, os vogais da Mesa da IXP valoraron que neste momento a oferta e a demanda encóntranse equilibradas.

Non obstante, na Mesa de Gando de Abasto, os vogais percibiron un mercado pesado para o vacún mediano para sacrificio, con transaccións escasas e lentas, causada por unha baixada prolongada e notable no consumo de carne.

A asistencia ó mercado desta semana foi de 1.747 reses, 26 menos que a pasada semana. Houbo 1.418 cabezas de vacún menor (5 menos), 145 de vacún mediano (17 menos) e 184 de vacún grande (4 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (24-III-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada