Carne

Repetición de prezos en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/03/2021 4:09 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana repetir as cotizacións da anterior sesión, tanto en Ternera Gallega como na Mesa de Gando de Abasto, que marca valores de referencia para gando de recría, becerros medianos e vacún maior.

No mercado, entraron 1.539 cabezas de vacún menor (94 menos que na anterior sesión), 154 de vacún mediano (6 menos) e 168 de vacún grande (3 máis).

Esta semana, en relación cos mercados de vacún de carne, cómpre destacar tamén que o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto que axusta as disposicións relativas ó marcado e etiquetado das canais. O Goberno entende que estes axustes dotarán de máis claridade, seguridade xurídica e transparencia ó sistema. Tamén se actualiza a formación esixida para obter a autorización como clasificador de canais, pois permitirase provisionalmente unha formación telemática por mor da Covid.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (10-III-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada