Carne

Repetición de prezos en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/02/2021 11:45 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana repetir as cotizacións da pasada semana. Na Mesa da IXP Ternera Gallega, acordouse por maioría manter os valores da anterior sesión en todas as categorías e calidades desta carne, en tanto na Mesa de Prezos de Gando de Abasto tamén se repetiron cotizacións, se ben advírtese unha tendencia á baixa no vacún mediano para sacrificar.

No mercado, entraron esta semana 1.697 reses, 118 menos que a pasada semana. Houbo 1.440 cabezas de vacún menor (116 menos), 123 de vacún mediano (2 máis) e 133 de vacún grande (5 menos).

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (3-II-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada