Carne

Repetición de prezos en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 25/11/2020 5:30 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron hoxe a repetición de cotizacións de referencia en tódalas categorías e calidades de gando. Non houbo variacións nin en vacún maior nin na recría nin nos becerros medianos. Tampouco na IXP Ternera Gallega.

En canto ó mercado, a asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.699 reses, 96 menos que a pasada semana. Houbo 1.412 cabezas de vacún menor (100 menos que a pasada semana), 138 de vacún mediano (11 menos) e 140 de vacún grande (13 máis).

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (25-XI-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada