Carne

Repetición de prezos de Ternera Gallega e baixada do vacún en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/05/2023 2:28 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Galega acordou esta semana manter as cotizacións de referencia para todas as categorías e calidades. En canto ao mercado de gando de Amio, a organización sinala que os prezos canal en vacún de segunda categoría (O) e en desfeito (P) baixaron 10 céntimos.

Á feira de hoxe xoves en Amio concorreron 1.277 reses (74 menos que a pasada semana). Por categorías, entraron 1.065 cabezas de vacún menor, 79 de vacún mediano e 133 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa de cotizacións de Amio (17-V-2023).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada