Carne

Repetición de cotizacións do gando de abasto en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 25/06/2020 10:59 a.m.

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto acordou esta semana en Amio a repetición das cotizacións da sesión anterior para todas as categorías e calidades, tanto do vacún de recría como do maior e dos becerros para sacrificar. En canto ós valores de Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP reafirmouse na decisión que adoptara a pasada semana de manter en suspenso as cotizacións ata inicios do próximo mes.

En canto á afluencia de gando, esta semana entraron 2.062 reses no recinto feiral, dúas máis que a pasada semana. Houbo 1.678 cabezas de vacún menor (39 menos), 177 de vacún mediano (23 máis) e 207 de vacún maior (14 máis).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada