Carne

Repetición de cotizacións en Amio, que cambia as datas dos mercados no Nadal

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/12/2018 2:07 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron hoxe manter sen cambios todos os valores do gando, tanto na IXP Ternera Gallega coma no gando de recría, becerros para sacrificio e vacún maior. O mercado de Amio (Santiago, A Coruña), decidiu por outra banda cambiar as datas dos mercados navideños. A feira que tería que celebrarse o mércores 26 de decembro queda cancelada e a seguinte pasa ó xoves 3 de xaneiro, a fin de afastala das celebracións festivas de fin de ano e ano novo.

En canto á asistencia ó mercado de hoxe, entraron no recinto de Amio 1.885 reses (310 menos que a pasada semana). Houbo 1.472 xatos de recría (279 menos), 229 de vacún mediano (16 menos) e 168 de vacún grande (14 menos).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (5-XII-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada