Carne

Repetición de cotizacións en Amio, con tendencia á alza en vacún maior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/12/2020 3:04 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron hoxe a repetición dos valores de referencia do gando, que se marcan cada semana coincidindo coa celebración do mercado. En Ternera Gallega, acordouse por maioría manter os mesmos prezos da sesión anterior en tódalas categorías e calidades, en tanto que na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, os vogais decidiron por unanimidade manter os prezos en gando de recría, becerros de sacrificio e vacún maior. Coinciden en apreciar, non obstante, unha tendencia á alza nos prezos do vacún maior.

A asistencia de gando ó mercado de hoxe foi de 1.620 reses, 177 menos que a pasada semana. Houbo 1.278 cabezas de vacún menor (225 menos que na sesión anterior), 159 de vacún mediano (11 máis) e 183 de vacún grande (37 reses máis).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (9-XII-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada