Carne

Repetición de cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/02/2019 10:16 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade das mesmas cotizacións da anterior sesión. Non houbo cambios nin na IXP Ternera Gallega nin no gando de abasto. Os vogais da Mesa de Prezos de Gando de Abasto coinciden en apreciar, non obstante, unha tendencia á baixa nos prezos dos becerros de abasto, que atribúen a unha baixada do consumo.

Por outra banda, reafírmase a mellora na calidade da recría de animais frisóns e cruces, unha dinámica que pode dar lugar a certas subidas de prezos en sesións futuras, segundo os mesmos vogais.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 2.019 reses, 27 menos que a pasada semana. Houbo 1.592 cabezas de vacún menor (57 menos), 242 de vacún mediano (21 máis) e 176 de vacún grande (10 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (27-II-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada