Carne

Repetición de cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/11/2018 3:45 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron unha repetición das cotizacións en todas as categorías e calidades de gando. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Prezos de gando de abasto, se ben nesta última percíbese unha menor oferta de gando de abasto para sacrificio.

En canto á asistencia ó mercado gandeiro desta semana, entraron no recinto 1.897 reses, 100 menos que a pasada semana. Houbo 1.500 cabezas de vacún menor (126 menos que na sesión anterior), 211 de vacún mediano (5 menos que na sesión anterior) e 178 de vacún grande (29 menos que na sesión anterior).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (7-XI-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada