Carne

Repetición de cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/10/2018 10:10 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana o mantemento dos valores de referencia da anterior sesión. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin nas cotizacións fixadas pola Mesa de Prezos de Gando de Abasto, na que gando de recría, vacún maior e becerros de sacrificio repiten os prezos da pasada semana. Os vogais da Mesa coinciden en apreciar, non obstante, unha gran lentitude no desenvolvemento do mercado de becerras e becerros para sacrificar.

No referente á asistencia de gando ó mercado, entraron no recinto de Amio 2.182 reses, 198 máis que a pasada semana. Houbo 1.713 cabezas de vacún menor (192 máis), 233 de vacún mediano (8 menos) e 212 de vacún grande (7 máis).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (3-X-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada