Carne

Repetición de cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/08/2018 10:40 a.m.

Os valores de referencia do gando, acordados cada semana nas mesas de prezos de Amio, mantéñense sen cambios. Houbo repetición de cotizacións tanto en Ternera Gallega como na Mesa de gando de abasto, que decide os prezos de recría, becerros carniceiros e vacún maior.

En canto ó mercado de Amio, a asistencia de gando esta semana foi de 2.188 reses, 543 menos que na pasada feira, cando se rexistrara unha gran afluencia motivada polos festivos da semana anterior. No mercado de onte houbo 1.754 cabezas de vacún menor, 286 de vacún mediano e 128 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (29-VIII-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada