Carne

Repetición de cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/10/2019 9:07 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana manter as mesmas cotizacións da pasada semana. Non hai cambios nin en Ternera Gallega nin nos valores do gando de abasto (recría, vacún maior e becerros medianos. Apréciase, non obstante, unha tendencia á baixa nos prezos de tódalas categorías e calidades de machos de recría de raza Frisona.

A asistencia de gando á sesión de onte foi de 1.768 reses, 214 menos que a pasada semana. Houbo 1.429 cabezas de vacún menor (175 menos), 176 de vacún mediano (70 menos) e 149 de vacún grande (22 máis).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (23-XI-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada