Carne

Repetición de cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/04/2019 10:58 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana manter os mesmos valores da anterior sesión. Non hai cambios nin en Ternera Gallega nin en gando de abasto, onde recría, becerros carniceiros e vacún maior repiten prezos. Os vogais da Mesa de Prezos de Gando de Abasto coincidiron, sen embargo, en apreciar unha tendencia á baixa en todas as cotizacións dos animais de cor de recría.

A asistencia á sesión de onte foi de 1.864 reses, 306 menos que a pasada semana. Houbo 1.454 cabezas de vacún menor (247 menos), 213 de vacún mediano e 183 de vacún grande.

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (3-IV-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada