Carne

Repetición das cotizacións no Mercado de Gando de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/10/2019 6:23 p.m.

O Mercado de Gando de Amio (Santiago), rexistrou hoxe unha xornada sen variacións nas cotizacións en tódalas categorías e calidades de gando, tanto en Ternera Gallega coma nos prezos dos animais de recría, vacún maior e becerros carniceiros.

Aínda que non houbo cambios cos prezos da semana pasada, os vogais da mesa de Prezos do Gando de Abasto coinciden en apreciar unha tendencia xeral á baixa dos prezos do vacún maior en tódalas categorías.
En canto á afluencia, nesta xornada contabilizáronse un total de 1.916 reses, 126 menos que o pasado 2 de outubro. Houbo 1.498 cabezas de vacún menor (106 menos que na sesión anterior), 243 de vacún mediano (7 máis que na feira pasada) e 156 de vacún grande (32 menos que hai unha semana).

Máis información:
– Táboa das cotizacións de Amio (09-X-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada