Carne

Reparto de mil polos en Pontevedra en protesta polos baixos prezos

Unións Agrarias acudiu hoxe á cidade do Lérez para advertir de que o sector avícola está vendendo a perdas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/11/2021 5:43 p.m.

Unións Agrarias repartiu hoxe en Pontevedra mil polos en protesta polo que considera como “venda a perdas xeralizada” no sector avícola. Centos de persoas pasaron polo posto instalado na Praza de Ourense; dende o que a organización quixo dar a coñecer entre os consumidores a crise que atravesan as granxas pola suba dos custos de produción.

Producir un quilo de polo cústalle aos gandeiros 0,18€. Porén, estes están a cobralo a 0,23, segundo os datos da organización agraria.

A crise da Covid-19 provocou ademais unha caída do consumo que obrigou a mermar o número de crianzas anuais das granxas, así como o número de animais por cada unha delas. Unha situación que derivou nunha caída de ingresos de 18.500 euros/ano por explotación, segundo Unións Agrarias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A situación dos produtores de polo empeorou ademais nos últimos meses; pois á forte caída de ingresos derivada da pandemia hai que sumar agora a escalada dos custos de produción dunhas explotacións moi dependentes do gasto enerxético. A electricidade supón o 33% dos gastos das granxas avícolas, que a día de hoxe soportan picos de crecemento dese gasto de ata un 36%.

Producir un quilo de carne de polo é hoxe un 10,5% máis caro que a comezos de ano, segundo Unións, que critica que “as empresas integradoras non están a asumir ese encarecemento, que ten ás granxas contra as cordas”.

A organización agraria insta tamén ó Ministerio a acabar coa venda do polo nos supermercados en promocións “que chegan ós 2,40 euros /Kg., un prezo que non da para cubrir os custos de toda a cadea granxa – supermercado”, cuestionan.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada