Agricultura

Relevo xeracional na horta galega: “O que facemos non é un traballo, é unha forma de vida”

Entrevistamos a un dos membros máis novos de Horsal, a cooperativa de agricultores galegos máis relevante da comarca do Salnés

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Javier H. Rodríguez 17/09/2021 8:47 a.m.

O amor que sente Iván Mariño pola agricultura vén de moi lonxe. A súa avoa, Regina Castro, foi unha das agricultoras fundadoras de Horsal Cooperativa Galega. Esta agrupación foi creada a finais de 1985 por 16 agricultores e agricultoras visionarios que apostaron por sacar adiante un proxecto ilusionante con poucos medios, pero con moito tesón. Querían dignificar a horticultura como medio de vida e, buscando na asociación baixo a fórmula cooperativa, un medio para desenvolver económica e socialmente a comarca do Salnés. Agora, case corenta anos despois, poden asegurar con orgullo que o conseguiron.

Este agricultor, un dos máis novos da comarca, non só herdou parte da infraestrutura que historicamente viña traballando súa avoa. Tamén herdou a paixón polo agro e o que é máis importante, a sabiduría de toda unha vida adicada a agricultura. "As lembranzas da miña avoa están moi vencelladas ao campo, mais daquela as cousas eran moi diferentes. Imaxina que regaban a pé, algo que para nós xa é inconcebible. Traballaban arreo, de sol a sol. Cando era época de colleita, tamén traballaban polas noites encaixando todas as hortalizas que apañaran polo día e que tiñan que ir vender á mañá seguinte", explica Mariño facendo un repaso por toda a transmisión de coñecemento que absorbeu na casa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Aínda que, nun principio, Iván ía adicarse ao sector das montaxes e automatismos, ao pouco de estar a traballar, decatouse de que no agro tiña unha oportunidade laboral que lle satisfacía moito máis e na que era máis feliz: "Daquela tiña que traballar moitos días fóra da casa sen ver á familia e aos amigos. Agora como tódolos días na miña casa e goberno en min mesmo. Distribúo o meu tempo de traballo como quero sen que ninguén ande atrás miña nin me meta présa. Dende logo animo á xente nova a que, se ten a oportunidade, o intente", explica con paixón.

A día de hoxe, Iván traballa arredor de tres hectáreas de terreo. Unha metade ao aire libre e, a outra, en invernadoiros. A súa produción céntrase na leituga, nos pementos de Padrón e máis grelos e a través de Horsal, abastecen a grandes cadeas de distribución como Vegalsa, Mercadona, Lidl ou Día. "Estar asociado a Horsal suponme grandes beneficios como agricultor. Por unha banda a tranquilidade da venda e distribución e, pola outra, o asesoramento técnico que recibimos en tódalas fases do cultivo", engade Iván Mariño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_152246" align="alignnone" width="660"] Iván Mariño acompañado polo presidente de Horsal Cooperativa Galega[/caption]

Con todo, malia estar asociado con outros moitos agricultores da comarca, hai certas guerras de prezos nas que lles resulta moi complexo competir. Unha delas é a do pemento de Padrón: "Nos prezos imos moi axustados, especialmente polas competencias internacionais. Estamos asistindo a unha ocupación do mercado do pemento por producións de países como Marrocos de especies similares ás nosas en aspecto e que están a substituirnos na hostalaría. Pero só se parecen en aspecto. Ningún pica e ademais o sabor e moito máis suave. O que pasa é que os seus prezos están polo chan e, ao final, hai moitos bares e restaurantes que só miran iso e nós saímos moi perxudicados", remata.

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada