Desenvolvemento rural

Redución de módulos do IRPF no agro, aplicable á declaración da renda do 2019

O Goberno publica unha orde que beneficia á maioría de sectores, incluído o vacún de leite, a gandería extensiva de carne e a apicultura. A medida busca paliar crises de mercado e os efectos das inclemencias meteorolóxicas en diversos puntos do país, a raíz de secas ou chuvias torrenciais

Campo Galego 09/04/2020 12:15 p.m.

Gandeiros e agricultores terán que pagar menos na declaración da renda 2019, que xa se pode presentar. O Goberno publica hoxe no Boletín Oficial del Estado unha rebaixa dos módulos de IRPF no agro que beneficia á maioría de sectores gandeiros e agrícolas. Será aplicable, entre outros, ó vacún de leite, á gandería extensiva de vacún de carne, á apicultura e ás ganderías de ovino e cabrún

Esta rebaixa dos índices de rendemento neto é aplicable naqueles profesionais que tributen no sistema de estimación obxectiva do IRPF, coñecido popularmente como de módulos. É o maioritario en España no campo, pois suma un millón de declarantes no sector.

A bonificación, posta en marcha a proposta do Ministerio de Agricultura, trata de compensar ó agro por diversas crises de mercado (olivar, cítricos, etc.) e inclemencias meteorolóxicas que se sucederon no 2019 en distintas partes do país, como Danas (chuvias torrenciais) ou secas.

O Ministerio de Agricultura calcula que a aplicación da orde suporá unha rebaixa da base imponible de arredor de 614 millóns de euros para o sector agrario, “a maior cifra dos últimos cinco anos”, aseguran.

As reducións que se aplican a nivel estatal para a declaración da renda en curso son as seguintes:
 
Sectores gandeiros
- Bovino de leite de 0,20 a 0,18
- Bovino de cría extensivo de 0,26 a 0,18
- Bovino de carne extensivo de 0,13 a 0,09
- Ovino de carne extensivo de 0,13 a 0,09
- Ovino de leite de 0,26 a 0,18
- Caprino de carne extensivo de 0,13 a 0,09
- Caprino de leite de 0,26 a 0,18
- Porcino de carne extensivo de 0,13 a 0,09
- Porcino de cría extensivo de 0,26 a 0,18
- Apicultura de 0,26 a 0,13

Sectores agrícolas
- Cereais de 0,26 a 0,18
- Cítricos de 0,26 a 0,18
- Frutais non cítricos de 0,37 a 0,30
- Leguminosas de 0.26 a 0,18
- Oleaxinosas de 0,32 a 0,22
- Olivar de 0,26 a 0,13

[box style="0"]

Máis información
Consulta a orde completa no Boletín Oficial del Estado.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada