Carne

Recuperación do prezo dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e dos leitóns. Baixan os ovos e o coello. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 26 de xaneiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/01/2016 1:53 a.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse polas suba nos prezos dos tenreiros de recría, principalmente no de raza Frisoa, mentres que o vacún maior mantívose estable.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 75 euros, fronte aos 69 do pasado martes. Con todo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 97 euros por xato, fronte aos 94 da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 142 euros de media por animal fronte aos 129 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi tamén lixeiramente á suba, excepto nos machos de 21 a 50 días, que se pagaron a unha media de 371 euros, fronte aos 376 do pasado martes. Pola contra, as femias revalorizáronse 4 euros de media. Nos de menos de 20 días o prezo medio foi de 330 euros e nos de máis de 51 situouse esta xornada nos 465. A pasada semana os prezos foron de 288 e 462 €, respectivamente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables cun lixeiro repunte nas categorías de segunda e de desvelle. Deste xeito quedaron en 1.066 euros de media en categoría primeira, 727 en segunda e 446 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.109, 715 e 436 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos e coello á baixa

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha nova baixada de prezos en todas as categorías: a ducia de XL baixou un 0,30% ata os 1,17 euros; a L un nos 1,07 euros a ducia; a categoría M caeu ata os 0,97 euros mentres que para a S acordouse 0,87 euros por ducia de ovos, tanto brancos como mouros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos baixaron un 0,01% ata os 1,30 €/quilo, marcando de novo prezos mínimos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Soben o porco cebado e os leitóns

A mesa de prezos tamén acordou hoxe subir as cotizacións do porco cebado Deste xeito, a categoría Selecta sube un 0,01% ata os 0,925 euros por kilo; idéntica suba se acordou para a categoría normal, que se sitúa nos 0,90 euros por kilo, mentres que para o Canal II a suba acordada foi do 0,013%, ata os 1,169 euros por kilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,31 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, desta vez un 2%. Deste xeito quedaron nos 40,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 45,5 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada