Carne

Récord de 3.750 euros por unha xovenca na poxa de Acruga en Pedrafita

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/09/2022 6:07 p.m.

Este domingo celebrouse en Pedrafita do Cebreiro a poxa de 5 xovencas preñadas de raza Rubia Galega organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA).

O prezo máximo foi de 3.750 euros que se pagou por un exemplar, 1.750 por riba do arranque da poxa, e un prezo medio para esta poxa de 3.020 euros. Tres dos cinco animais foron adxudicados en máis de 3.000 euros e houbo 32 tarxetas de posibles compradores de toda a provincia.

Co prezo de saída en 2.000 euros arrincou a poxa dos cinco exemplares, dos cales dous vendéronse en 2.550 euros; mentres que outros tres superaron os 3.000 euros, chegándose a pagar 3.050, 3.200 e 3.750 euros por animal, unha das cotizacións máis altas que se lembran, despois da poxa nacional de Adai, que se celebra no Corgo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As xovencas, de entre 24 a 28 meses de idade e preñadas de 7 e 8 meses, foron parar a explotacións de Ribadeo, Baralla, Pedrafita do Cebreiro e Vilalba. A que conseguiu o récord foi a parar a Friol, á explotación Penín Puente S.C, unha das ganderías que máis premios está a lograr nos últimos anos.

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada