Viña

Récord da vendima na Ribeira Sacra, que xa supera os 7 millóns de quilos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/10/2019 3:09 p.m.

A día de hoxe a Denominación de Orixe Ribeira Sacra leva recollido 7.020.058 quilos de uva, dos que a maioría corresponden á variedade Mencía, con 5.845.403 quilos, e a variedade branca Godello, con 406.656 quilos. A Denominación está a piques de finalizar a que cualifica de “a maior vendima da nosa historia, ao superar a barreira dos 7 millóns de quilos que rozou no 2011, cando entraron en adega 6.999.560 quilos”.

Das 96 adegas que vendiman esta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 19 están a realizar labores de vendima, 4 téñena paralizada e 73 xa terminaron.

Ata o momento os datos oficiais de recollida de uva son:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Variedades tintas: Mencía: 5.845.403 k, Brancellao: 28.147 k, Merenzao: 62.767 k, Caíño: 30.920 k, Grao Negro: 2.057 k, Garnacha: 363.158 k, Mouratón: 10.752 k, Sousón: 90.153 k e Tempranillo: 58.819 k

Variedades brancas: Albariño: 69.852 k, Branco lexítimo 3.420 k, Dona Branca: 5.524 k, Godello: 406.656 k, Loureira: 2.121 k, Torrontés: 3.675 k, Treixadura: 36.634 k

A vendima na Ribeira Sacra comezaba oficialmente o 19 de setembro, aínda que varias adegas iniciaran a recollida a finais de agosto. Os traballos víronse favorecidos por unhas excelentes condicións meteorolóxicas que contribuíron ao estado óptimo da uva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada