Viña

Recomendan tratar as viñas contra o mildio ante a aparición das primeiras manchas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/04/2022 4:38 p.m.

O incremento das temperaturas nocturnas dende o pasado domingo e a elevada humidade ambiental fixo aparecer as primeiras manchas de mildio nos viñedos da provincia de Pontevedra. Por iso, dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación, recomendan aplicar tratamentos ás viñas para previr a aparición e expansión do patóxeno.

Ademais, o persoal experto recomenda facer a aplicación dos tratamentos con pistola, cando menos nas parras, co fin de evitar perdas do caldo fitosanitario fóra da zona a protexer e tamén reducir o volume aplicado, debido ó escaso desenvolvemento da vexetación.

Tamén recordan que, cos produtos que se adoitan empregar no inicio da campaña, pódese aplicar o tratamento nos momentos de claros entre dous períodos de precipitacións, sempre que dea tempo a secar a viña e que teña pasado polo menos unha hora entre a intervención e as choivas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada