Agricultura

Recomendan tratar as maceiras contra o moteado

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/06/2019 6:53 p.m.

A Consellería do Medio Rural publicou este venres o seu boletín agrometeorolóxico, no que fai unhas recomendacións para o coidado das maceiras.

É importante suliñar a necesidade de manter unha boa aireación nas plantacións froiteiras, para minimizar os efectos dos fungos nas mesmas. Para elo, debemos manexar moi ben parámetros como: poda, fertilización axeitada, marco de plantación...etc.

En canto ás enfermidades, estanse a dar as condicións climatolóxicas axeitadas para o desenrolo do moteado. As chuvias destes días, xunto coas temperaturas suaves da época, son o marco axeitado para a proliferación dos fungos que causan o moteado da maceira (Venturia inequalis) e da pereira (Venturia pyrina). As chuvias do pasado mes, incluso as que van de xuño, ainda que mínimamente, provocaron que nalgunhas fincas se detectaran danos por moteado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nestas parcelas, se as condicións son favorables, debido chuvia e aos orballos, poden desenrolarse contaminacións secundarias que se traducirán días despois em novos danos em follas e froitos.

Por todo isto, debemos dar unha aplicación dun funxicida sistémico (curativo), xunto co que aplicaremos un insecticida se atopamos gromos afectados por pulgóns, tanto verde como cincento.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto, podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis. Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade de entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Recoméndase alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

Por último, estamos no momento axeitado para colocar a confusión sexual para a Broca (Z. Pyrina). Esta técnica resulta eficaz en parcelas de dimensións menores que no caso do verme da mazá (C. Pomonella). As capturas comenzan a fináis de xuño, polo que debemos de colocar os difusores e as trampas de monitoreo.

RECOMENDACIÓNS DOS TÉCNICOS DE AFRUGAL (ASOCIACIÓN DE FRUTICULTORES DE GALICIA))

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Agricultura Ecolóxica:
Insecticida: Aceite de Neem.
Funxicida: Polisulfuro de calcio 18% (dose 2%) ou Polisulfuro de calcio 38% (dose 1,2%)

Produción Integrada:

Insecticida: Metil-clorpirifos.
Funxicida: Tebuconazol 25 WG

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada