Viña

Recomendan tratar en viñedo contra os danos da saraiba e contra a excoriose

O Servizo de Información Agrometeorolóxica da Xunta de Galicia recomenda no seu último boletín realizar un segundo tratamento nos viñedos de Rías Baixas contra a excoriose. Asemade, controlar a presenza de caracois e de Pedroulo e para os danos provocados pola saraiba nalgúns viñedos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/04/2016 9:27 p.m.

Nos viñedos da Denominación de Orixe Rías Baixas amósanse condicións moi
propicias para o desenvolvemento da Excoriose (Phomopsis viticola Sacc) debido á persistencia das precipitacións e a parada vexetativa nos actuais estados fenolóxicos, sensibles á enfermidade.

En canto a outros organismos nocivos, detéctanse danos illados de Pedroulo, que se alimenta dos abrochos da vide, e de caracois, principalmente nas cepas novas.

Recomendacións

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Realizar un segundo tratamento na campaña para o control de Excoriose. As materias activas rexistradas e autorizadas son: Folpet, Mancozeb, Metiram e Fluopicolida + Propineb.

Os produtos aplicados despois do estado fenolóxico E (follas estendidas) xa non teñen eficacia. Entre os anteriores, para os viñedos que tiveron danos por saraiba, recoméndase Folpet, polas súas propiedades cicatrizantes e antibotríticas.

Tamén é moi importante aplicar aminoácidos á vexetación para mitigar os danos provocados polas malas condicións meteorolóxicas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En cepas novas con presenza de caracois, é importante mantelas limpas de malas herbas, eliminando os caracois presentes na cepa e no sistema de empalizada.

Se se detectase Predroulo nun rodal do viñedo, tratarase nesa zona cun insecticida autorizado no cultivo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada