Viña

Recomendan manter vixiadas as viñas ante a previsión de chuvias e o risco de mildio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/05/2023 8:04 a.m.

O anuncio de chuvias dende este venres en Galicia fai que sexa preciso extremar as revisións do viñedo, tal e como recomendan no último aviso fitosanitario emitido pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación. Os viñedos atópanse agora nunha fase crucial do desenvolvemento da uva. “De cumprirse as previsións, o risco de infección por mildio será sensiblemente máis elevado co de días pasados e deben revisarse moi ben as viñas, aínda que estean dentro do período de protección teórico do tratamento anterior”, aconsellan dende Areeiro.

Ademais, de detectarse síntomas ou haber sospeitas de que pode darse unha contaminación anterior mal tratada, os técnicos recomendan tratar as viñas para previr un ataque de mildio. Cómpre ter presente, que algúns dos tratamentos foron aplicados con condicións desfavorables de vento, o que reduce a protección da viña.

Oídio e black rot

Tamén recomendan tratar contra o oídio nas aplicacións de tratamentos que se fagan, dadas as condicións favorables para a súa propagación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O persoal técnico de Areeiro detectou nas súas revisións sobre o terreo danos por black rot en parcelas abandonadas próximas a unha viña comercial, co conseguinte risco que isto supón, converténdose nunha fonte de inóculo importante, polo que debe eliminarse. “As condicións climatolóxicas previstas son moi favorables ó fungo, nun momento no que a uva é sensible”, explican. Así, tamén aconsellan ter en conta este patóxeno nos tratamentos que se realicen nas cepas.

Os fortes ventos rexistrados nestes días provocaron a rotura de brotes nos viñedos. Os especialistas recomendan retirar esta vexetación afectada para evitar que coas chuvias cheguen a instalarse neles fungos oportunistas como o causante da botrite.

O crecemento vexetativo das vides tamén está a ser excesivo, polo que para mellorar a sanidade dos viñedos recomendan despuntalas despois da floración. Ademais hai xa unha gran vexetación nas parcelas que debe controlarse para evitar a retención de humidade que poida favorecer a aparición de patóxenos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada