Viña

Recomendan facer un tratamento antimildiu nas viñas

Segundo a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, as choivas previstas para este domingo aumentarán a incidencia do mildeu, polo que recomendan facer un tratamento antes ou despois das choivas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/05/2015 11:27 a.m.

Reproducimos o aviso fitosanitario que ven de emitir a Estación Fitopatolóxica do Areeiro:

Ao longo da semana transcorrida dende a emisión do aviso anterior a humidade relativa media foi bastante baixa, e non en todas as estacións se rexistrou humidade foliar. Por iso, a pesar de haber en case todas as zonas temperaturas nocturnas compatibles coa infección secundaria, nas nosas parcelas de seguimento os síntomas antigos están a secar, non vimos novas manchas e só nalgunhas plantas testemuña apareceron moi esporadicamente, sempre sen esporulación. Non obstante, recibimos informacións que indican que continúan aparecendo manchas procedentes de infeccións anteriores nalgúns terreos.

As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian elevada probabilidade de que se produzan precipitacións (aínda que de reducida contía) entre o domingo e o martes. Por iso, considerando o momento da campaña en que se encontra o viñedo, é aconsellable aplicar un tratamento antes desas chuvias ou inmediatamente despois.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada