Forestal

Recomendacións á poboación se hai lumes próximos

A Xunta está a distribuír unha serie de consellos para evitar situacións de perigo

Campo Galego 16/10/2017 1:36 p.m.

- Non se achegue en ningún momento ás zonas que están ardendo. Manteña a distancia.

- Deixe libre accesos viarios para paso dos veículos de extinción nas zonas afectadas.

- Corte o subministro eléctrico se o lume se achega a súa vivenda.

- Afástese do incendio polas zonas máis desprovistas de vexetación e lembre que un cambio na dirección do vento pode facer que o lume o rodee.

- Non intente atravesar a pé nin en veículos unha estrada afectada por frontes de lume ou con zonas de intensa acumulación de fume, que impedirán a visibilidade. Retroceda e busque camiños alternativos.

- No caso de ter un lume preto, peche portas e fiestras para evitar que o fume entre na vivenda.

- Se é necesario, coloque panos húmidos nas portas e nas fiestras.

- Se está nun local cheo de fume, ande a catro pés, xa que o aire está máis limpo preto do chan e a temperatura é máis baixa.

- Se presenta síntomas como tos, irritación de gorxa ou de ollos, dificultade para respirar ou dor de cabeza, acuda ao seu centro médico.

Etiquetado
Ir a la portada