Agricultura

Recomendacións para o tratamento da mosca da nogueira

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/08/2020 12:06 p.m.

A mosca da nogueira (Rhagoletis completa) é unha praga de recente aparición en Galicia e que provoca importantes perdas na producción de noces.

Como xa informou Campo Galego, os técnicos da Consellería de Medio Rural detectaron este ano unha ampla presenza deste insecto orixinario de Estados Unidos e México. En concreto, as trampas colocadas confirmaron o pasado mes de xullo a extensión da mosca da nogueira nas provincias da Coruña e de Lugo.

En canto aos tratamentos, Francisco Otero, presidente da Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL), asegura que se poden realizar de tres maneiras:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Tipo cebo: Colocar na nogueira trampas con insecticida que levan acoplado un cebo alimenticio, pois co cebo demóstrase que melloran as capturas de exemplares de mosca da nogueira. Canto maior sexa a altura á que se coloquen maior será o número de capturas. Sempre se deben orientar as trampas cara o sur. O cebo alimenticio é unha proteína hidrolizada para atraer aos adultos. Tanto o insecticida como a proteína pódense adquirir nun establecemento de fitosanitarios ou por internet.

A colocación destas trampas tipo cebo debe facerse dende comezos de xullo, ao inicio do voo da mosca da nogueira, e manterse ate a recolección.

-Tratamentos xeneralizados a toda a árbore: En función da evolución do voo, aplicando un insecticida ovo-larvicida.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto aos insecticidas, dende AFRUGAL aconsellan empregar os seguintes:

En agricultura ecolóxica: Spinosad.

En producción integrada: Piretrinas sintéticas, como deltametrina, Lambda-cihalotrin, ...

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Unha medida cultural moi últil é traballar a terra baixo a copa das nogueiras para eliminar as formas invernantes (pupas) desta mosca. Consistiría nun pase superficial (grade ou rotovator) a un máximo de 10 centímetros de profundidade para desenterrar as pupas deste insecto que están enterradas. Debe realizarse entre os meses de novembro e abril, de forma que ao expor as pupas ao frío estas morren.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada