Agricultura

Recomendacións para o cultivo da horta en xuño

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/06/2023 10:39 a.m.

Velaquí algúns consellos xerais para o coidado da nosa horta durante este mes de xuño:

-Coa humidade que hai na terra as herbas competidoras inzarán nas nosas hortas, polo que deberemos facer varias sachas nos nosos cultivos, a ser posible pola mañá para que as herbas sequen ao longo do día. O acolchado, ben con plástico ou ben con herba, é unha alternativa interesante para pequenas hortas, xa que ademais de aforrarnos moito traballo, axudará a reter a humidade do solo.

-A humidade e as elevadas temperaturas crean as condicións idóneas para pragas de fungos, especialmente o mildeu. Recoméndase facer un tratamento cun antimildio cada 10-15 días nos cultivos máis sensibles: patacas, cebolas e tomateiras. No caso dos allos, debemos combinalo con algún tratamento contra a roya a base de xofre mollable.O tratamento débese facer cando non haxa vento e se anuncien varias horas sen choiva para que o produto penetre na planta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O oídio afectará sobre todo ás cucubirtáceas (cabaciña, sandía…etc) e notarémolo nas clásicas manchas brancas nas follas. Unha boa aireación da planta e un tratamento a base de xofre ou de infusión de allo axudará a controlar este fungo. Para evitar os problemas fúnxicos lembrar que cando reguemos a planta debemos aplicar a auga no pé da mesma, e nunca mollarlle as follas. A ser posible regar pola mañá cedo, ou a última hora da tarde.

-Sementeiras: Pódese facer alcoube ao aire libre de leitugas, acelgas e remolacha vermella que plantaremos no mes de xullo-agosto. Asemade, podemos facer a sementeira das verduras de inverno (repolo, couveflor, verza…) que plantaremos no verán. Se a nosa horta é pequena e para autoconsumo resúltanos máis práctico mercar a planta de cepellón no momento en que a vaiamos plantar.

-Tamén podemos facer sementeira directa de cenouras, que colleitaremos nos meses de setembro-outubro, así como de xudías, que recolleremos cara o meses de agosto-setembro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Transplante: podemos transplantar remolacha vermella, coles, leitugas, porros, cebolas, acelga,…etc. Se aínda non plantamos pementos, tomates ou berenxenas son os últimos días para facelo. Lembrar que á hora de plantar o abono nunca debe estar en contacto directo coa raíz da planta.

-Tomateiras: durante este mes prestarémoslle especial atención a estas plantas, facendo as podas periódicas dos chupóns das partes baixas e medias das plantas e entitorándoas.

Cada dúas semanas, de ser necesario, aplicarémoslles un tratamento de cobre para evitar problemas de mildeu. Se cultivamos en exterior debemos elixir as variedades máis rústicas e resistentes para reducir os tratamentos fitosanitarios.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

–Entitorados: xudías de enrame, pementos e berenxenas precisarán de entitorado para un correcto desenvolvemento da planta.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada