Agricultura

Recomendacións para o control do nematodo da pataca

Servando Álvarez Pousa, director técnico do Centro Agrogandeiro da Limia, dependente da Deputación de Ourense, ofrece unha serie de recomendacións para a prevención e control da praga do nematodo da pataca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Servando Álvarez 11/05/2017 7:56 a.m.

Cando antes falabamos no artigo anterior do abonado da pataca suxeríase a necesidade da realización previa a sementeira dunha analítica de solo para axustar os aportes de nutrientes. A práctica da análises de solo convértese , por tanto, en fundamental na loita contra a praga do nematodo do ciste da pataca, Globodera rostochiensis e/ou Globodera pallida.

Os nematodos formadores de cistes son pequenos vermes, maiores dun 1mm, que contan coa peculiaridade e de aí o seu nome, de que as femias unha vez fecundadas convértense en pequenos cistes adheridos ás raíces da planta da pataca (os cistes si que son visibles a simple vista) para logo pasar e estenderse polo solo. No seu estado como cistes, a praga é capaz de resistir no solo por un longo período (anos) ata que volvamos plantar pataca, momento este que o ciste rómpese e libera os nematodos xuvenís que atacan ás raíces (cada ciste pode conter da orde dos 250 xuvenís).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os danos no cultivo tradúcense en zonas máis ou menos circulares nas que as plantas se amosan débiles, con pouco porte e adoitan secar antes; traducíndose todo isto nunha diminución da produción que, dependendo da infestación e da forza do ataque, pode chegar ata superar o 70 %.

Esta praga ten unha importante capacidade de diseminación a través dos propios tubérculos (cando a pataca dunha parcela infestada se emprega como semente no seguinte ano), da maquinaria empregada (apeiros de labranza, rodas de tractor…), a través do gando (rabaños de ovellas….) ou mesmo do propio agricultor (terra nos zapatos, rodas de coche….). Proba da expansión da praga é que a primeira vez que se detectou en Galicia foi no 1973 nunha parcela situada en Vila de Rei, A Limia, e 44 anos despois está totalmente estendido pola comarca.

A loita contra o nematodo do ciste da pataca é complicada, xa que pese a que no mercado hai dous produtos nematicidas autorizados para o seu emprego (Mocap e Vydate) a acción dos mesmos limítase a asegurar unha produción rendible pero non a erradicación completa da praga.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así pois, a loita contra esta doenza debe pasar por empregar todas as ferramentas ó noso dispor para evitar por un lado a súa expansión e por outro lado para evitar danos lesivos na produción das parcelas afectadas.

A xeito de resumo ( as estratexias de loita contra o nematodos darían para a publicación de varios artigos) a loita contra esta praga pasaría por:

- Emprego de semente certificada.
- Introdución de variedades resistentes no ciclo de rotación.
- Tratamento químico.
-Eliminación de rebrotes en cultivos non de pataca.
- Emprego de plantas trampa (certas brassica, solanun sisymbriifolium,….)
- Aumentar o ciclo de rotación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para rematar indicar que os nematodos do ciste da pataca están considerados praga de corentena segundo o especificado no “Real Decreto 920/2010, de 16 de julio, por el que se establece el programa nacional de control de los nematodos del quiste de la patata”, estando sometido a control polas autoridades de sanidade vexetal da Consellería de Medio Rural.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada