Viña

Recomendacións para o coidado das viñas durante os próximos días

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/05/2022 5:07 p.m.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, ven de emitir o seu informe fitosanitario, no que fai unha avaliación do estado dos viñedos na provincia e ofrece unhas recomendacións para o seu coidado.

Esta semana as temperaturas medias mantivéronse, en xeral, entre 16 e 20ºC. Esta circunstancia, unida á presenza dunha humidade relativa bastante elevada, provocou un avance significativo da fenoloxía das vides, de xeito que en todos os predios de todas as comarcas hai algunhas plantas de albariño en floración. Tamén observaron un incremento notorio no desenvolvemento vexetativo.

Mildio:

O prognóstico meteorolóxico para as xornadas vindeiras fala de condicións, a priori, favorables á enfermidade do mildio ao preverse certa precipitación, tronadas algúns días e temperaturas altas para a época do ano, especialmente as mínimas, sobre todo a fin de semana e nos comezos da semana anterior. Por todo o mencionado, e tendo en conta tamén que a floración é un período especialmente sensible para as viñas, é preciso revisar moi ben as viñas (aínda que se atopen protexidas, na teoría, por unha intervención anterior), e renovar os tratamentos se se detecta a aparición de síntomas recentes, salvo aquelas persoas que o teñan feito xa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A equipa técnica da Estación de Areeiro segue lembrando a importancia de facilitar, na medida do posible, a aireación nas viñas para poder conter as infeccións por esta enfermidade. De feito, esta semana xa recomendaron que nun predio se aclarase a vexetación das propias vides mediante unha poda en verde debido ao exceso de vigor que tiña e a que presentaba máis síntomas nas zonas máis ocultas.

Nas viñas nas que tivera caído sarabia estes días, ao renovar os tratamentos antimildio deben elixirse produtos que conteñan tamén unha materia activa con efecto fronte a botrite como pode ser o folpet.

Oídio:

Os técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro non atoparon aínda os primeiros síntomas desta enfermidade malia que nas viñas da Estación aínda non deron tratamento antioídio algún e que as condicións climatolóxicas están a ser bastante favorables.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con todo, e dado que polas boas prácticas fitosanitarias é mellor non mesturar diferentes produtos na mesma aplicación, de momento só seguen aconsellando incrementar a vixilancia.

Black rot:

Tal e como estaba previsto, debido á climatoloxía púidose apreciar esta semana unha maior incidencia de síntomas desta enfermidade, que xa apareceu (timidamente de momento) nalgunhas viñas sometidas a tratamentos de case todas as comarcas.

Non hai produtos específicos fronte ao fungo responsable desta enfermidade, pero si antimildios e antioídios capaces de conter tamén a este outro patóxeno.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outras incidencias:

Ao marxe dos caracois que volveron aparecer en moitas viñas, e que continúan a alimentarse dalgunhas follas, e dalgunhas plantas manifestando síntomas de enfermidades de madeira (que poden sanearse en tempo seco, sen agardar ao momento da poda), esta semana atoparon os técnicos da Estación Fitopatolóxica os primeiros síntomas de altica na súa viña de Areeiro.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada