Viña

Recomendacións para o coidado da viña durante a próxima semana

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/07/2020 10:43 a.m.

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, informa no seu boletín fitosanitario desta semana das recomendacións para o coidado do viñedo durante os próximos días.

Mildio:

O tempo estable, solleiro e con ventos do nordés moderados con rachas fortes que se rexistraron estes días non foron favorables ao fungo do mildio.

Así, os técnicos non observaron novos síntomas nas plantas tratadas e apenas había síntomas nas plantas testemuña que non trataron en toda a campaña.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sen embargo, a situación pode cambiar de cumprirse as previsións dalgunhas axencias meteorolóxicas, que aluden a unha perda da influencia anticiclónica e a aumento da probabilidade de precipitacións, que poden producirse desde martes ou mércores. De momento este cambio non o anuncian en absoluto todas as previsións consultadas, porque de feito outras manteñen que seguirá o tempo seco. Por este motivo, haberá que estar pendentes da climatoloxía, de xeito que:

- De advertirse que se poida producir ese cambio será conveniente tratar antes das precipitacións, en especial aquelas viñas fóra do período de protección teórico da aplicación anterior, que a priori deberían de ser a maioría.

- De manterse o tempo seco simplemente haberá que seguir vixiando e non descoidar as prácticas culturais que permitan alixeirar a vexetación e favorecer a aireación a nivel da viña.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Oídio:

Na revisión desta semana os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro detectaron dúas viñas de albariño que xa presentaban rachos na pel dos grans ademais do escurecemento normal derivado da enfermidade do oídio. Tamén observaron novos síntomas nas plantas testemuña.

E é que as condicións destes días están a ser relativamente favorables á enfermidade, aínda que os rexistros tan elevados das horas centrais do día, ben superiores aos 30 ºC, non o son tanto.

“A curto prazo, anúnciase que persistirán estas temperaturas moi elevadas, pero para a semana que entra coinciden as diferentes previsións en que serán algo máis baixas e que se manterán na contorna dos 25-29 ºC ; é dicir, óptimas para o fungo o que, unido ao incremento da humidade relativa do aire que sen dúbida acompañará ao descenso térmico, xerará maior risco”, advirten.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por esta razón, e aínda que o nivel de risco por fenoloxía xa non é tan elevado coma ata agora, dende a estación pontevedresa insisten en que “non se debe descoidar a vixilancia, en especial nas viñas que xa teñan presenza do
fungo”.

Black-rot:

A presenza de órganos afectados por este fungo segue a ser similar á das semanas anteriores, pero tampouco as condicións destes días lle resultan favorables.

Botrite:

Tampouco o tempo solleiro e os ventos secos do N ou NE favorecen a este patóxeno. Porén, nas viñas onde hai incidencia da enfermidade de xeito repetido todos os anos, antes de que todos os grans estean en contacto pode aplicarse un tratamento preventivo se finalmente veñen as choivas que anuncian algunhas axencias meteorolóxicas, en especial se hai danos por oídio ou feridas por calquera outra causa.

[caption id="attachment_123153" align="aligncenter" width="660"] Golpe de sol en acio en parra. Foto: Estación Fittopatolóxica de Areeiro[/caption]

Outras incidencias:

Por último, dende a Estación Fitopatolóxica de Areero advirten de que “os síntomas de golpe de sol e de estrés hídrico son cada vez máis frecuentes”, aínda que matizan que “tamén é certo que nalgunhas viñas aínda se poden observar caracois nas follas e tamén nos acios”.

[caption id="attachment_123150" align="aligncenter" width="660"] Síntomas de estrés hidrico. Foto: Estación Fittopatolóxica de Areeiro[/caption]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada