Viña

Recomendacións para o coidado da viña durante os próximos días

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/08/2021 11:23 a.m.

O último aviso fitosanitario emitido pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, ofrece unha información actualizadà sobre o estado sanitario dos viñedos na provincia. Estes son os seus datos e as súas recomendacións para as principais enfermidades fitopatolóxicas:

Mildio:

Unha semana máis, as temperaturas mínimas destes días foron elevadas (salvo algunha excepción), situándose en xeral na contorna dos 13-17 ºC e humidades relativas altas para as temperaturas diúrnas que se chegaron a dar. Ambas son condicións favorables para o desenvolvemento do fungo do mildio.

“De feito, observamos un avance na presenza de manchas esporuladas nos gromos terminais de moitas viñas, e unha presenza significativa de rebuscos afectados nas parcelas que levan máis tempo sen tratamentos”, informan dende a Estación de Areeiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En todo caso, non recomendan aplicar tratamentos xa que a climatoloxía tenderá a estabilizare con tempo solleiro e vento do nordés durante esta vindeira semana.

Oídio:

Os técnicos da Estación de Areeiro observaron un novo incremento na presenza de síntomas desta enfermidade, en especial nas follas e pampos máis tenros das plantas testemuña e naquelas viñas que levan máis tempo desprotexidas.

“De feito, nalgún caso será conveniente aplicar un tratamento despois da vendima, non só fronte este patóxeno senón tamén fronte ao mildio”, aconsellan dende Areeiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Botrite:

En canto á botrite, os técnicos da Estación Fitopatolóxica non observaron nas parcelas visitadas, síntomas da enfermidade nin sequera nas plantas de variedades sensibles pola condición do seu acio e/ou da pel da uva.

As previsións meteorolóxicas para esta semana tampouco favorecerán o desenvolvemento do fungo. De instalarse puntualmente o fungo, os técnicos da estación pontevedresa recomendan que se poden eliminar os grans/acios afectados ou ben aplicar un funxicida (salvo nos casos en que as adegas limiten os tratamentos) con moi curto prazo de seguridade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada