Leite

Reclamación do Sindicato Labrego pola cláusula de custes dos contratos do leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/06/2020 7:57 p.m.

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito de denuncia na Agencia de Información y Control Alimentarios (Aica) no que cuestiona a cláusula que están a usar as industrias lácteas nos contratos do leite. Tal cláusula explicita que o prezo pactado cobre os custes de produción, o que a organización agraria considera que é “falso”.

A cuestión é que tralas protestas do agro a comezos do ano, o Goberno modificou a Lei da Cadea Alimentaria para obrigar a que figure nos contratos “indicación expresa de que o prezo pactado entre produtor primario agrario e o seu primeiro comprador cobre o custo efectivo de produción”.

Para demostrar que os novos contratos que se están a asinar, inclúan ou non a cláusula, incumpren sistematicamente a cobertura deses custes, o Sindicato Labrego Galego (SLG) cita na súa denuncia o Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do Ministerio de Agricultura, que sitúa os custes medios de produción das granxas lácteas galegas en 39 céntimos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na súa denuncia, a organización sinala á práctica maioría de operadores e industrias como culpables e “o inmenso temor ás represalias” que teñen as granxas de denunciar por si mesmas "ou de negarse a asinar uns contratos nos que non se di a verdade".

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada