Noticias de empresa

Recebo para céspede Ecocelta: un produto elaborado con algas das rías galegas

Ecocelta 20/05/2018 2:07 a.m.

O recebo para céspede Ecocelta é un substrato de cultivo indicado para a sementeira e mantemento do céspede de xardín, campos de fútbol ou campos de golf.

Trátase dun produto fertilizante elaborado a partir de compost de algas das rías galegas e compost de estercos seleccionados para asegurar un bo abonado. As fitohormonas presentes no compost de algas facilitan un rápido e óptimo desenvolvemento radicular do céspede.

Posúe unha textura areosa, contén a area que se atopa asociada naturalmente ao alga, cunha proporción de materia orgánica que se aplica para o coidado de extensións de xardíns. A presenza de materia orgánica axuda a manter a estrutura do solo a longo prazo e libera gradualmente nutrientes en pequenas doses.

A aplicación dun material arenoso evita que o humus se manteña, recuperando a permeabilidade do solo, favorecendo a drenaxe correcta e evitando a aparición de fungos.

Beneficios:

-Vigor de establecemento.
-Rapidez de germinación.
-Potencia de enraizamiento.
-Cor verde intensa.
-Densidade de cubrición.
-Óptimo desenvolvemento radicular.

Máis información:

Departamento Técnico Comercial. Teléfono móbil: 685 89 11 33/44
ou 986 64 54 87

http://ecocelta.com

Etiquetado
Ir a la portada