Leite

Reanúdase hoxe o saneamento gandeiro en Galicia

Medio Rural sinala que o reinicio faise de xeito reducido, seleccionando as explotacións

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/04/2020 2:27 p.m.

A campaña de saneamento gandeiro reanudouse hoxe en Galicia, igual que noutras comunidades, como é o caso de Asturias. A Xunta precisa que polo de agora este reinicio faise de xeito reducido, seleccionando ás explotacións que se visitan e aplicando tódolos protocolos de prevención precisos. O persoal porta mascarillas, luvas e conta con sistemas de desinfección de mans, equipos e veículos, segundo destaca a Consellería do Medio Rural.

Durante as primeiras semanas da crise do coronavirus, o calendario de saneamento suspendérase, facéndose só visitas a casos especiais, por exemplo a ganderías con existencia de animais reaccionantes (correspondentes a visitas de semanas previas) ou para cancelar a inmobilización dunha granxa.

Nos últimos días, Unións Agrarias pronunciárase en contra de retomar o saneamento en Galicia, sobre todo tendo en conta que dúas provincias da Comunidade (A Coruña e Pontevedra) son oficialmente indemnes á tuberculose e á brucelose, pero desde a Administración considérase que non se pode aprazar por máis tempo o mantemento dos protocolos de sanidade animal.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada