Viña

Quinta do Buble, viños da D.O. Monterrei que triunfan no exterior

A adega de Oimbra vende a nivel internacional a maior parte da súa produción, co mercado alemán como primeiro destino. Centra o seu traballo nos viños brancos elaborados principalmente con godello, aínda que tamén ten unha parte de mencía

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/12/2021 7:34 p.m.

Quinta do Buble é unha adega da D.O. Monterrei que está na actualidade en plena expansión dos seus viñedos. O seu obxectivo nos últimos anos é case duplicar a superficie coa que viña contando, que era de arredor dunha vintena de hectáreas, para chegar ás 30- 40 hectáreas.

Ese crecemento baséase na boa resposta que teñen os seus viños no mercado internacional, sobre todo o godello, e nas boas perspectivas que teñen tamén para o mercado galego e o do resto de España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A adega logrou gran presenza en Alemania, país co que teñen vinculación os socios, pero tamén en mercados como o belga, o irlandés ou xapón.

Do seu godello, a adega Quinta do Buble destaca que se caracteriza pola súa intensidade aromática. Ao estar os seus viñedos en zona de ladeira, obteñen menos volumes de produción que no val, pero logran unha uva que mantén máis o aroma e a frescura, segundo valoran os seus responsables.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada