Agroalimentación

Quince novos produtos lácteos que marcan tendencia

O Clúster Alimentario de Galicia analizou nunha xornada as innovacións que están a lanzar as industrias lácteas a nivel global

Campo Galego 25/09/2017 11:53 a.m.

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrou unha xornada adicada a analizar as tendencias globais do sector lácteo que se veñen detectando no último ano. O evento, dirixido ás empresas galegas do sector, fixo un repaso polo comportamento dos mercados e polas principais innovacións a nivel global.

[caption id="attachment_51567" align="alignright" width="300"] Iogur para nenos en tubo exprimible.[/caption]

Os lanzamentos da industria láctea están a orientarse a produtos saudables, máis naturais e ecolóxicos. Por categorías, o posicionamento de mercado do leite e das bebidas lácteas presenta no último ano (agosto 2016 – agosto 2017) tres tendencias principais: produtos ecolóxicos e/ou éticos (36,5% dos lanzamentos), produtos baixos en graxa (34,8%) e leites funcionais ou fortalecidas en vitaminas e minerais, que suman un 31%. Houbo tamén un 14% dos lanzamentos que se posicionaron como libres de aditivos.

Nas innovacións enfocadas a un público infantil (11,4%), búscase unha diferenciación no packaging, principalmente con personaxes de debuxos animados, e tamén se procuran mensaxes saudables dirixidas ás persoas compradoras dos produtos.

Iogures e queixos
En iogures, as mensaxes ligadas á saúde son as que predominan. Os produtos baixos en graxa representan un 28,7% dos lanzamentos e cobran importancia os iogures baixos en azucre, que son xa un 8,9% dos novos produtos.

O etiquetado limpo, de alimento sen aditivos e conservantes, acada o 19% dos lanzamentos. De ser unha tendencia, a elaboración de produtos máis naturais comeza a ser unha necesidade, ao percibir o consumidor os aditivos e conservantes como perxudiciais para a saúde.

[caption id="attachment_51570" align="alignright" width="163"] Mighty Cool, leite para nenos.[/caption]

As alternativas non lácteas están tamén a gañar peso no mercado de iogures, con sabores emerxentes como o coco, o anacardo ou a chía.

En queixos, a mensaxe publicitaria predominante nos lanzamentos foi a de ‘Apto para (...)’, cun 44%, seguido pola categoría natural (16,3%), envase práctico (12,7%) e sen (8%).

De entre as innovacións que saíron ó mercado no último ano, figuran as seguintes 15:

- Leite con sabor a caramelo. Entre as bebidas lácteas con sabores, o sabor que máis medrou no último ano foi o de caramelo, cun aumento do 161% nos lanzamentos. O sabor chocolate aumenta un 15,9% e o fresa un 6,5%.

As bebidas lácteas con sabores representan un 5,3% da cota de mercado a nivel global. Espérase que perdan peso ao longo dos próximos anos, pois polo seu alto contido en azucres, son percibidas como menos saudables.

- Hero línea. Bolsiña de leite con cereais e chocolate (España). Contén 73 calorías e é un produto baixo en graxa, cun contido máximo do 0,9%.

- Kellogg’s All Brain (México): Produto lácteo instantáneo, sen lactosa e alto en fibra e con aditivos de vitaminas A e D.

[caption id="attachment_51558" align="alignright" width="202"] Arla protein, para deportistas.[/caption]

- Norco Mighty Cool (Australia). Bebida láctea con sabor a fresa dirixida a nenos e que contén o 60% das necesidades diarias de calcio. Inclúe tamén 10 vitaminas e minerais.

- Arla protein (Dinamarca). Iogur líquido sabor a plátano e vainilla rico en proteínas, que axuda a manter e aumentar a masa muscular. É un produto que se enmarca na tendencia de bebidas funcionais orientadas cara deportistas.

- Cola Cao Shake (España): Bebida para levar, ‘on the go’, elaborada cun envase que permite consumir este produto en calquera sitio con facilidade.

- Live Real Farms Energy Drinks (Estados Unidos). Batido enerxético lanzado nun envase de cartón reciclable.

- Sojade So Soya (Bélxica). Iogur con sabor a rosa e frambuesa, sen glute e libre de transxénicos. Os lanzamentos de iogures con sabor a rosa medraron un 321% no último ano a nivel global.

[caption id="attachment_51561" align="alignright" width="208"] Cola Cao nun envase para levar.[/caption]

- Flor de Burgos Aloe Vera. Iogur baixo en graxa con aloe vera, co que se busca mellorar o sistema inmunolóxico e dixestivo.

- Dannon (Reino Unido). Iogur grego sen graxa e endulzado con folla de estevia. Dispoñible en sabores cereza, coco, froitos do bosque, mango, melocotón, fresa e vainilla.

- Dreaming Cow (Estados Unidos). Iogur procedente de leite de vacas criadas en libertade.

- Yura. Iogur cun envase feito por un diseñador, inspirado nos tradicionais biberóns. O envase preséntase en tubos para exprimir, que se consideran ideais para nenos pequenos. Os lanzamentos de iogures en envases tipo tubo medran un 185% e tamén aumentan os lanzamentos en frasco (36%). O tipo de envase máis empregado, con todo, continúan a ser as cubetas (62%) e as botellas (22%).

[caption id="attachment_51564" align="alignright" width="300"] Iogur 'Dreaming cow'.[/caption]

- Boursin (Francia). Cubos de queixo cremoso con allo e herbas. Nos lanzamentos de queixo, o sabor predominante no último ano é o natural, observándose un lixeiro aumento do sabor a herbas. Os sabores a allo, picantes e marinados tamén ascenden, pero sen ser moi representativos.

- Charlie Ben (Sudáfrica). Queixo envasado individualmente, para maior comodidade.

- Milkana (China). Queixo con sabor a café nun envase con cuchara.

[box style="0"]

Mercados
Estados Unidos continúa a ser o primeiro mercado mundial para o sector lácteo, pero espérase que China se poña en cabeza no 2022. Como terceiro mercado figura Brasil e en cuarta posición está Xapón, aínda que tamén se agarda que se vexa superado por India no 2021.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada