Agricultura

Quince enfermidades profesionais no agro galego

As posturas forzadas orixinan a maioría dos problemas de saúde laboral entre agricultores e gandeiros. As enfermidades transmitidas por axentes biolóxicos e as derivadas da manipulación de fitosanitarios completan o groso de riscos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/03/2015 12:59 p.m.

¿Que enfermidades profesionais son máis habituais no agro en Galicia e que se pode facer para previlas? Este é o punto de partida dun traballo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), que recopilou nun documento unha vintena de fichas representativas dos problemas de saúde laboral entre agricultores e gandeiros. O traballo analiza as causas e aconsella as posibles medidas de prevención a adoptar.

O groso dos problemas son de carácter físico, motivados por accións repetitivas na xornada laboral ó longo dos anos. Síguenlle os riscos por axentes biolóxicos e químicos. Recopilamos 15 das enfermidades profesionais máis representativas.

Problemas por axentes químicos

- Intoxicación crónica por exposición a fitosanitarios. A despreocupación no uso de plaguicidas, sen medidas de protección axeitadas (máscara, gafas, luvas e mono de traballo), pode dar lugar a graves intoxicacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O Instituto de Seguridade Laboral dá conta do caso dun operario que traballaba en invernadoiros cunha mochila de man aplicando un insecticida (dimetoato e clorpirifós) sen usar luvas nin máscara nin protexer a cabeza. A maiores, tampouco respectaba un prazo de seguridade para a reentrada nos invernadoiros fumigados. A reiteración de tales prácticas, 2-3 días á semana nos meses de primavera-verán, derivou nunha intoxicación crónica de carácter grave. O operario dispuña do carné de manipulador de fitosanitarios de nivel básico.

- Dermatite por contacto con plaguicidas. Os problemas de pel derivados do contacto cos axentes químicos é outro dos riscos dos fitosanitarios. Non empregar luvas nin facer unha boa hixiene tras a aplicación do producto pode causar unha dermatite que cursa con dor.

Riscos por axentes físicos

- Problemas nos xeonllos. Apoiar o xeonllo de xeito repetido sobre superficies duras supón unha presión para a articulación que pode derivar en problemas varios. O documento do Instituto de Seguridade Laboral recolle o caso dun operario que durante a vendima rematou cunha bursite crónica no xeonllo dereito, que presentaba inflamación e acumulación de líquido. Alternar o uso de ambos xeonllos para apoiar o peso do corpo e usar medidas de protección nos xeonllos son as recomendacións que ofrece o Instituto. Tamén alternar no posible este traballo con outras tarefas que non esixan unha postura tan forzada.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O traballo nos invernadoiros xera problemas similares cando se apoia o peso do corpo sobre os xeonllos. O Issga recolle o caso dunha traballadora de horta que tivo un síndrome de compresión do nervio ciático dun xeonllo.

Xeonllos e ombros son dúas das zonas máis castigadas por malas posturas ou sobreesforzos

- Tendinite no ombro. É un problema de dor no ombro motivado por coller cargas excesivas ou por posturas forzadas e continuadas na xornada laboral. Nun caso analizado, a tendinite viña orixinada pola conducción de maquinaria agrícola durante moitas horas cos brazos lixeiramente elevados. O mesmo operario tamén cargaba con sacos de 40 quilos e facía sobreesforzos nos brazos na manipulación de apeiros. Mecanizar no posible as tarefas de carga e manipulación de apeiros, ou contar coa axuda axeitada, é unha das recomendacións do Issga para evitar este problema. Facer pausas e rotar de traballo é outra medida aplicable a este caso.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Síndrome do túnel carpiano no pulso dereito pola poda de viñedo. A poda obriga a movementos repetidos coa man en postura forzada e aplicando forza de xeito continuado e prolongado no tempo, o que pode provocar a inflamación a nivel do túnel carpiano do pulso dereito. O documento do Issga presenta o caso dun traballador con este problema. Para evitar estas situacións, aconséllase, entre outras medidas, descansar 10 minutos por cada hora de poda e usar ferramentas con bos agarres e adaptados á man.

- Xordeira polo uso da motoserra. O ruído da motoserra pode chegar ata o entorno dos 100 decibelios, un nivel moi superior ós límites establecidos pola normativa para evitar danos na saúde. A exposición prolongada a este ruído sen usar protección auditiva xera problemas de sordeira. Recoméndase o uso de proteccións auditivas e alternar o traballo coa motoserra con outras actividades con menor risco sonoro.

O uso frecuente da motoserra esixe o emprego de protección auditiva

- Enfermidade de Kenböck polo uso dunha rozadoira. O uso prolongado dunha rozadoira na xornada laboral pode originar dores no pulso derivados da exposición laboral a vibracións no sistema man-brazo. A enfermidade de Kenböck é unha necrose no óso semilunar do pulso con aparición de dor, perda de forza e limitación da mobilidade da man. Cando hai un uso frecuente da rozadoira, aconséllase facer pausas e alternar este traballo con outros que non supoñan a exposición a vibracións. O uso dun sistema de protección antivibracións é outra das recomendacións a ter en conta.

Ameazas biolóxicas

- Transmisión de bacterias de animais a humanos. Son varios os problemas identificados relacionados coa manipulación de animais no seu traslado, axudas ó parto e outros contactos. O documento dá conta do caso dun traballador dunha granxa porcina que contraiu o erisipeloide de Rosenbach, unha infección cutánea caracterizada por ronchas avermelladas, febre e malestar xeral. Non utilizar a protección individual axeitada e os insuficientes controis sanitarios nos animais explican o problema, segundo o Issga. É precisa tamén a periódica limpeza das instalacións para eliminar fontes de infección como excrementos.

A boa desparasitación do gando e o uso de roupa de protección reducen o risco de infeccións bacterianas

En vacún, analízase o caso dun traballador que contraiu a Febre Q, un problema caracterizado por febre, calafríos e tose que se detectou semanas despois de que atendera o parto dunha vaca. A febre Q é motivada por unha bacteria que infecta ó gando e que ás veces non presenta sintomatoloxía nos animais. Usar roupa protectora e desinfectar as áreas de traballo é a medida de prevención recomendada para evitar este problema.

A enfermidade de Lyme, causada pola picadura dunha carracha infectada, é outro exemplo de enfermidade bacteriana transmitida por animais. Para evitala, recoméndase novamente o uso de roupa de protección axeitada, unha boa desparasitación do gando e o emprego de biocidas contra as carrachas nos locais de aloxamento do gando.

Tras contactos sospeitosos, é necesario ducharse e revisar todo o corpo na busca de carrachas. No caso de atopar algunha, debe retirarse agarrando a carracha preto da cabeza ou da boca mediante unhas pinzas, sempre con luvas e tirando cara a fóra cun movemento lento e firme, sen destripala nin esmagala. Hai que desinfectar a zona de contacto.

A inhalación de fungos da herba seca ou do millo pode desencadear o 'pulmón do granxeiro'

- Pulmón do granxeiro. A herba e o millo almacenados en seco ou ensilados poden dar lugar á formación de fungos. A manipulación da forraxe expón entón ó traballador á inhalación de po que contén estes fungos. Isto pode provocar unha reacción inflamatoria pulmonar e dar lugar a síntomas como perda de forza e tose con expectoración. O documento presenta o caso dun operario afectado por este problema ó que se lle diagnostica finalmente alveolite alérxica extrínseca, coñecida como “pulmón do granxeiro”, por ser típica desta actividade.

- Asma. A muxidura é unha das tarefas nas que o operario ten un maior contacto cos animais. Unha traballadora que desempeñaba tarefas diarias de muxidura acabou contraendo unha rinite e asma bronquial por alerxia ó epitelio da vaca. O uso de máscara para evitar o contacto con partículas dos animais e unha boa ventilación nas instalacións poden axudar a reducir este tipo de problemas.

- Micose nas mans. As tarefas agrícolas en condicións de humidade alta poden propiciar a aparición de fungos na pel. O uso de luvas nas mans e de botas de goma nos pés pode manter a pel seca e protexida.

Outros riscos de carácter biolóxico recollidos polo Issga derívanse do contacto coa procesionaria do piñeiro en traballos forestais ou co veleno das abellas en labores apícolas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada